- 500 g. de fetuccinne ás espinacas.
- 200 g. de touciño cortado en tiriñas
- 600 g. de espinacas
- 2 ovos
- 500 ml. de nata para cociñar
- unha bolsiña de emmental raiado
Mentres tanto, douramos unhas tiras pequenas de touciño entrefebrado nunha tixola grande (sen aceite). Unha vez solten a graxa e véxanse douradiñas, engadimos as espinacas escurridas e removemos cunha culler de madeira ata que evaporen a auga que lles queda.

Cubrímolas coa nata e dous ovos enteiros. Mesturamos e aderezamos con emmental raiado. Vertemos esta mestura encima da pasta escurrida e listo para comer.
Os meus nenos chámanlle ectoplasma.

No hay comentarios:
Publicar un comentario