A educación tamén se lles da á hora de xantar.

Este blog nace da idea de axudarnos, entre todas as nais e pais, a completar a alimentación dos nosos fillos dunha forma sana e divertida. Cos nosos trucos e consellos, podemos facer que eses nenos e nenas, ás veces esixentes ou caprichosos coa comida, vexan a hora de xantar dunha forma máis positiva ao tempo que a súa nutrición resulte máis variada.

Berenxenas recheas de verduras e polo

(Receita compartida por: Soledad Álvarez)

Ingredientes para 4 persoas:
  • 3 berenxenas (grandes)
  • 1 peituga de polo (500 gr.)
  • 1 pemento vermello
  • 3 cenorias picadas
  • 1 tomate natural
  • 1 allo porro picado
  • salsa de tomate caseira para que queden zumentas.
  • queixo para gratinar.
  • sal
  • orégano
  • aceite de oliva 2 culleradas
PREPARACIÓN:

Lávanse as berenxenas e córtanse pola metade lonxitudinalmente, colócanse na bandexa de forno. Fánselle uns cortes, engádese un pouco de sal, un pouco de aceite, e métense no forno 20 minutos a 180º.
Mentres, pomos unha tixola ao lume, con 1 cullerada de aceite de oliva, e se sofriten as verduras (eu empezo polo allo porro); unha vez pochadas as verduras engadímoslle o polo, picado ao gusto e salpimentamos.
A continuación sácanse as berenxenas do forno e déixanse arrefriar e retírase con moito coidado a pulpa e déixase a pel da berenxena sen romper, (é máis fácil se pasamos a punta dun coitelo por todo o bordo).
Picamos a pulpa da berenxena e engadímola á tixola xunto coa salsa de tomate, (aprox. 1 vaso) e refogamos 5 minutos para que se mesturen ben os sabores.
A continuación colócase a pel das berenxenas nunha bandexa de forno e énchense coa mestura, engádeselles o orégano, o queixo, e se gratinan 10 minutos no forno xusto antes de servir.


Na casa fágoas pola noite e as gratino ao mediodía cando chegamos todos, para que estean quentiñas.

No hay comentarios: