A educación tamén se lles da á hora de xantar.

Este blog nace da idea de axudarnos, entre todas as nais e pais, a completar a alimentación dos nosos fillos dunha forma sana e divertida. Cos nosos trucos e consellos, podemos facer que eses nenos e nenas, ás veces esixentes ou caprichosos coa comida, vexan a hora de xantar dunha forma máis positiva ao tempo que a súa nutrición resulte máis variada.

Fetuccinne á carbonara con espinacas

(Receita compartida por Eva Quesada)
  • 500 g. de fetuccinne ás espinacas.
  • 200 g. de touciño cortado en tiriñas
  • 600 g. de espinacas
  • 2 ovos
  • 500 ml. de nata para cociñar
  • unha bolsiña de emmental raiado
Pomos a pasta a cocer en 5 l. de auga con sal nunha pota grande e as espinacas en dous dedos de auga con sal nunha pota pequena.
Mentres tanto, douramos unhas tiras pequenas de touciño entrefebrado nunha tixola grande (sen aceite). Unha vez solten a graxa e véxanse douradiñas, engadimos as espinacas escurridas e removemos cunha culler de madeira ata que evaporen a auga que lles queda.


Cubrímolas coa nata e dous ovos enteiros. Mesturamos e aderezamos con emmental raiado. Vertemos esta mestura encima da pasta escurrida e listo para comer.
Os meus nenos chámanlle ectoplasma.


No hay comentarios: