A educación tamén se lles da á hora de xantar.

Este blog nace da idea de axudarnos, entre todas as nais e pais, a completar a alimentación dos nosos fillos dunha forma sana e divertida. Cos nosos trucos e consellos, podemos facer que eses nenos e nenas, ás veces esixentes ou caprichosos coa comida, vexan a hora de xantar dunha forma máis positiva ao tempo que a súa nutrición resulte máis variada.

Crema de Verduras:

(Receita compartida por: Ángela Silva)

Ingredientes:
  • 2 ou 3 cabaciños grandes
  • Medio quilo de cenouras
  • 4 Allos porros
  • 1/2 Cebola
  • 3 Dentes de Allo
  • Un chorriño de Aceite de Oliva
  • Un pouquiño de Sal ao gusto
  • Pan do dia anterior

Realización:

Ponse ao lume unha pota con abundante auga e vanse agregando os cabaciños, as cenouras peladas e os allos porros previamente lavados. Déixase cocer 45 minutos, máis ou menos ata que se vexa que as verduras xa están moi blandiñas.
Noutra pota a parte vaise preparando cun chorriño de aceite de oliva, a cebola picadiña e os dentes de allo en anacos moi pequenos, ata que estea ben pochado. Unha vez estean cocidas as verduras se escurren, reservando a auga no que as cociñamos, e mestúranse na mesma pota coa cebola e o allo, ponse a lume lento e déixase un par de minutos. Engádeselle o sal e bátese coa batidora, engadindo un pouco do caldo de verduras que reservaramos, (que non sexa nin pouco nin moito, ir vendo como vai quedando a textura). Bátese moi ben para que non quede ningún fío do allo porro nin nada que os peques poidan atopar, comeranllo mellor.
Ponse un pouquiño de aceite na tixola e córtase o pan en cadradiños ata que estean un pouquiño dourados.
Ao servir a crema de verduras no prato colócanselle encima os anacos de pan frito.
Ás miñas nenas encántalles.

No hay comentarios: